O dilema de Europa: compartir refuxiados ou compartir a riqueza

Artigo publicado en SERMOS GALIZA, 24 de xullo de 2018.

Estes meses no Senegal hai unha carreira das multinacionais con intereses no petróleo por conseguir os contratos de explotación duns xacementos que van aparecendo. Será porque Maky Sall, o presidente do país, é xeólogo de formación; será porque os recursos fóronse esgotando noutros países, pero o certo é que no Senegal a terra está repartíndose para facer prospeccións, non só buscando petróleo. O país está en venda.

A min resúltame curiosa esa atracción dos occidentais, en especial dos europeos, polas riquezas que agocha a terra de Senegal e en xeral de todos os países de África. É notábel que non lle teñan o mesmo cariño á xente de África. As riquezas, si; pero as poboacións, non…

Nas últimas semanas outra crise humanitaria parece instalarse nas fronteiras de Europa. En realidade, a crise nunca desapareceu. Pero estes días volve aos telexornais. O caso do Aquarius revela algunhas cuestións sobre a actitude de Europa diante do problema. Primeiro: está ben que o novo goberno socialista en España teña acollido o barco, porque indica que o PSOE conserva certa sensibilidade en asuntos humanitarios que o distingue do PP. Segundo: Italia logrou unha vitoria política fronte ao resto de socios comunitarios, porque o que quere conseguir Italia é que os inmigrantes e refuxiados se repartan entre todos e non fiquen só nos países de entrada. Terceiro: a compaixón das ONG volveu evidenciar a indiferenza dos dispositivos policiais e militares de control de fronteiras, a única política de Europa segue sendo a do control. Cuarto: a presión migratoria puxo enriba da mesa a posibilidade de levar os centros de internamento fóra das fronteiras de Europa, Italia explorou, por agora sen éxito, esa vía en Libia. Quinto: todas as solucións, mesmo a proposta anterior, conducen ao mesmo erro, son solucións provisorias a un problema, o das guerras e a fame, que Europa provocou e para o que non soubo ter preparada unha resposta.

A min resúltame curiosa esa atracción dos occidentais, en especial dos europeos, polas riquezas que agocha a terra de Senegal e en xeral de todos os países de África. É notábel que non lle teñan o mesmo cariño á xente de África. As riquezas, si; pero as poboacións, non…

No fondo, o que revela o asunto do Aquarius e toda esa crise posterior é que o Norte non ten solucións para o Sur. Europa está tensa porque os socios queren forzar un reparto da carga, iso somos inmigrantes e refuxiados, pero non está disposta a ningún tipo de reparto da súa riqueza connosco, co Sur.
Reparade de novo nas contradicións: gústanvos as nosas riquezas, pero non vos gustamos nós; estades dispostos a acoller a vosa parte de carga de pobres inmigrantes, pero non a repartir con eles (enténdase, a repartir a riqueza do mundo con aqueles países) os vosos bens.

Que esperades de nós? Que nos deixemos roubar e admitamos o desprezo? Hai un problema, está na raíz, pódese solucionar alí: sen guerras, sen explotación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s