Humildade, cautela, obediencia

A familia é a primeira institución responsable da educación dos nenos. Ensínaselles como comportarse ben. Úsanse palabras como yar (boa educación), teguin (actitude humilde), sutura (cautela) ou deegue (obediencia). O termo yar é un termo xenérico que engloba as boas maneiras de comportamento, o que é aceptable socialmente. Pola súa banda teguin significa que na vida hai conducirse con respecto polos demais e polo que nos rodea. Sutura apela á contención, facer as cousas con medida. Deegue refírese á capacidade de escoitar os consellos que nos dan os pais, os maiores e os mestres, encamiñándonos polo camiño do yar.

Estas palabras forman parte do tronco da educación que se recibe no seo de cada familia senegalesa.

A educación pódese transmitir de moitas maneiras. Por exemplo, a través dos contos e relatos. A familia reúnese despois da cea, pola noite, e nese momento escóitanse as historias das avoas, que interesan a mozas e a maiores. Os nenos achéganse moito máis a elas que aos avós. Son elas as que adoitan coidar dos pequenos.

Coumba am ndaye ak Coumba amout ndaye (Coumba que ten nai e Coumba que non ten nai) é un deses contos que se escoitan nas casas.

A través de contos como este, que se basea en comportamentos opostos, explícase como os nenos respectuosos e que axudan ás persoas maiores son recompensados. Tamén hai relatos que ensinan que o esforzo e a valentía conducen ao éxito, mentres que a vagancia e a desobediencia levan a finais infelices.

A escola é a segunda das institucións educativas. É unha segunda familia, iso dise alí. Iso vale tanto para o sistema educativo laico, herdado dos franceses, como para a dahara ou escola coránica. No ensino laico existe a materia de educación moral e estímanse os consellos dos mestres. Na dahara, ademais da instrución, os nenos aprenden a valerse en por si. Nelas os nenos dependen do marabout, non contan co respaldo dos seus pais, así que ás veces deben procurarse comida ou roupas.

A rúa é a terceira das institucións educativas. Desde moi pequenos, antes dos 5 anos, os nenos aprenden a estar sós, a xogar, a discutir mesmo. Pasan moito tempo sen a atención constante dun adulto, na rúa ou en casas doutros, e convivindo con nenos do seu mesmo idade. Están xuntos para xogar ao fútbol ou practicar a loita. Organizan pequenas festas. Os pais interveñen só se hai pelexas. Danlles aos pequenos una certa liberdade. Nas aldeas, os nenos van cazar sós. É unha forma de socialización.

Entre as institucións educativas, a que máis sofre é a familia especialmente pola aparición da televisión nos fogares. Está a perderse a educación a través dos contos. Con todo, a radio si ofrece contos e relatos dirixidos a nenos e maiores, aínda que é certo que a influencia deste tipo de estratexia educativa é menor.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s