Literatura e liberación

Seguindo esta iniciativa de LiterÁfrica: #100lecturasafricanas, déixovos aquí as minas recomendacións:

Dúas das novelas que máis me emocionaron cando mozo foron L’enfant noir, de Laye Camara, e Sous l’orange, Seydou Badian.

Foron escritas ao final da colonización, nos anos cincuenta, mais as tramas transcorren durante a colonización. Foron escritas polos autores coma homes xa educados na cultura francesa.

Laye Camara sufriu os ataques de certa parte da intelixencia africana do momento que lle recriminaba que en lugar de denunciar o colonialismo se limitara a contar unha historia persoal. O libro de referencia da época para esa intelixencia era o Discurso sobre o colonialismo, de Aimé Césaire, un panfleto durísimo. Porén, Léopold Sédar Senghor defendeu a novela de Camara coma obra de arte que trataba da cultura africana tradicional. O autor puña o coñecemento da cultura tradicional por diante do compromiso político inmediato. Non eran excluíntes. A colonización era política e económica, pero como di Cheikh Anta Diop a peor das colonizacións era a intelectual, a cultural. L’enfant noir chegou ata hoxe como unha das grandes obras das letras africanas. Sería un clásico para un diálogo entre as culturas. A obra de Césaire terá menos impacto nese escenario de diálogo.

Tampouco a novela de Seydou Badian trataba directamente do colonialismo, a súa era unha historia sobre un conflito xeracional. Kany, a protagonista, é unha moza que decide casar co rapaz que ama fronte a esixencia de seu pai, Benfa, para que se converta na muller dun vello comerciante rico. O cambio das estruturas sociais africanas provocado pola educación colonial francesa está presente na trama. O autor remata poñéndose a favor da liberdade de elección de Kany. A altura de 1957 a liberación africana do colonialismo estaba en marcha. Autores como Badian estaban animando esa descolonización desde a literatura, empuxando no mesmo sentido que obras como a de Césaire. Badian chegou a ser ministro, escribiu o himno nacional de Malí trala independencia e converteuse nun defensor dos dereitos humanos en todo o continente desde as súas obras literarias.

Laye Camara chegou a ser embaixador e alto funcionario do goberno de Guinea Conakri, tivo problemas políticos moitos anos despois de que seu país alcanzara a independencia e rematou a súa vida exiliado en Costa de Marfil e Senegal, onde morreu en 1980. Ata o final, seguiu na loita política na colonia de exiliados guineanos, a máis numerosa en Dakar.

1 Comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s