Censo de valores senegaleses

DIOME. Coraxe.

O rito da circuncisión é unha proba de coraxe. Resistir o medo, a dor, as probas que hai que superar, inmóbil, mesmo despois do rito. Era o paso da infancia á madurez. Hoxe os nenos son circuncidados a corta idade, pero no meu tempo se facíase cando mozo, porque só un home podía resistir esas probas e comprender os segredos que neses días se lle transmitían. No caso das mulleres, tradicionalmente facíanse tatuaxes con espiñas de árbores e a ferruxe das potas. Eran incisións arredor da boca. Sangraban. Quedaban as marcas. A proba da coraxe da muller. Na etnia pular inda se practica.

Diome, a coraxe, é un valor que nos transmiten os pais para facer fronte á parte máis dura da vida. E tamén, para ter éxito na vida hai que ter coraxe.

 YAR. A boa educación.

Tratar aos demais como se foran os teus: aos maiores como se foran teus avós ou teus país, aos demais nenos como se foran teus irmáns. Isto ensínase en todas as familias mesmo hoxe en día. Se ves a un vello cunha carga moi pesada para el, a boa educación indícache o que tes que facer: tomar ti a carga e acompañalo até onde a leve.

Yar, a boa educación e a coraxe poden coincidir nalgúns momentos. Pero tamén a boa educación é a expresión dunha dignidade no trato cos demais, a mesma dignidade que coa coraxe demostras cara a ti mesmo.

 NGOR. Fidelidade.

Un pai propón a seu fillo unha estratexia para descubrir cantos dos moitos amigos que o fillo pensa que ten son realmente os seus amigos. “Matarei un cordeiro e untarás as túas roupas coa sangue, e pola noite irás a casa de cada un deses amigos e lle contarás a cada un a mesma historia: que ese sangue é dunha persoa a que acabas de matar”. O fillo, coas roupas manchadas de sangue así o fixo. Ao escoitar a historia, cada amigo lle dicía o mesmo: “Teste que ir, non podo axudarte, non podes ficar aquí”. Até que chegou a un que lle dixo: “Axudareite”. E escaparon xuntos da aldea. Cando levaban un tempo correndo, o fillo detívose e explicoulle ao amigo que a sangue era dun cordeiro.

Ngor, ser fiel, ten un significado amplo, que inclúe o respecto á palabra dada. Ngor ten que ver co respecto a un mesmo e aos demais. Ten o valor dunha garantía. Sabede que si dous homes son amigos, e cada un ten a súa familia e seus fillos, cando un dos homes morre, o outro fará todo o posible por axudar, sempre, aos orfos.

MOUGNE. Paciencia.

Vexo á miña familia unha vez ao ano se teño un bo ano, viaxo polas feiras e durmo sobre cartóns faga frío ou calor. Aprendín a ser paciente desde que saín da aldea para estudar. Meus pais non sempre podían mandar cartos e as veces fun ao instituto sen comer. Cada ano que pasa teño máis paciencia. Teño a conciencia máis clara do que pasa, de cada situación da vida. A paciencia non é sentarse a esperar.

Mougne, acompaña á coraxe, porque é precisa paciencia, tanta coma coraxe, nos momentos de dificultade.

Advertisements

One thought on “Censo de valores senegaleses

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s