A educación, alá como aquí

universite-dakar

Acabo de enviar a casa cinco cadeiras con pala. Para que os meus fillos e algún outro neno senten para facer os deberes. Si tivese máis diñeiro, contrataría profesores de reforzo, porque hai cousas que un neno só non pode aprender. A miña filla a maior quere ser enfermeira, o segundo quere ser militar porque temos un parente que pertence á Xendarmería e está fascinado polo uniforme, a máis pequena aínda non sabe que quere ser de maior. A maior cursa estudos de secundaria en Gawane, a 7 quilómetros de Gade Escales. É o terceiro ano que está fóra. Come e dorme en casa duns parentes e vén a casa cada dúas semanas. Poñamos que a estancia cústanos uns 60 euros ao mes máis outros 75 euros para o material do curso. Comprei aquí, na Coruña, tres libros do método de francés e un dicionario. Os outros dous fillos estudan en Gade. Gastamos uns 75 euros nos seus libros, pero necesitarán máis material. Poñamos, outros 60 euros. O comezo do curso escolar é alí igual de problemático que aquí para calquera familia con poucos recursos. O mes pasado fixemos un desembolso duns 270 euros, o salario medio dun funcionario de escala baixa ou media, por exemplo, un xendarme ou un mestre, é de 200 euros ao mes.

Espero que nun par de anos o meu fillo poida presentarse ao exame de ingreso na escola militar. Está lonxe, en Saint Louis, e eu sé o que se sofre cando neno lonxe da casa. Pero tamén recordo que naquela etapa no liceo viñan os alumnos da escola militar e case sempre, case todos, eran os mellores nos exames. Teñen os mellores profesores e unha disciplina que desafortunadamente resulta imposible de fixar en escolas como as das cidades, onde agora mesmo hai aulas cun profesor para sesenta ou setenta alumnos. Hai sobrecarga, e nin sabes quen vai ou quen non vai a clase. Na aldea, con menos medios, a ratio profesor/alumno é moito máis baixa e iso facilita un mellor ensino. Non hai demasiadas ‘actividades extraescolares’ pero a cambio na aldea é moi barato estudar.

Considero que desde o goberno foise desvalorizando a educación. Na época de Sédar Senghor había becas. Acabáronse, polo menos para os campesiños, cando deixou a presidencia en 1980. Nas escolas de Senegal non hai tecnoloxía, non hai nin autobuses escolares. Poucas familias teñen os medios para que os fillos realicen estudos superiores. Pero eu creo que a educación aínda pode ser un ascensor social. Cada vez menos, para menos xente. Alá igual que aquí.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s