Coraxe

Con Mareme 1 en Gade Escale
Con Mareme, a pequena, en Gade Escale hai uns meses

(Carta aos meus fillos)

Queridos fillos:

Teño unha gran nostalxia de vós e de toda a familia. Desexo que esta misiva vos atope en perfecto estado de saúde. En canto a min, estou ben.

A provincia da Coruña na que vivo pertence á comunidade de Galicia, situada no extremo norte de España. Aquí a paisaxe é case sempre verde todo o ano, moi fermosa. Chove moito, hai vento forte có temporal e tamén neves. Comparado có Senegal, fai moito máis frío. A temperatura pode baixar a 5 graos ou menos.

A pesar dos temporais, nós os senegaleses temos que saír para ir ás feiras ou ás festas onde hai venda ambulante. É moi difícil traballar nun clima como este. Pero facémolo porque temos que gañarnos a vida. A vida do emigrante é moi dura.

Vós tedes que estudar duro para ser bos alumnos e chegar a ser uns intelectuais. Non aforrarei ningún esforzo financeiro para o voso éxito escolar. Debedes ter gran confianza en vós mesmos, nas vosas capacidades e potencial de aprendizaxe. Así poderedes chegar á meta.

Coraxe.

Finalizo a carta dicíndovos: bo ano 2016.

Bay [pai]

A Coruña, 11 de abril de 2016


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s