A auga que vertías sobre os meus pasos

Con Matou
Con Matou, en Gade, a principios de ano

Muller nobre.

Muller valente.

Seguiches os pasos da miña nai.

Vivíamos na aldea. Os momentos eran difíciles.

No primeiros resplandores da alba, eu levantábame para ir o campo.

O saír o sol ti estabas xa a meu lado para traer o almorzo.

No canto do galo, ti estabas xa en pé para facer quilómetros de marcha na procura de auga, un ben escaso e prezado.

Con enorme esforzo sacabas a auga do pozo co teu neno o lombo.

Levabas a auga sobre a cabeza até a casa, tiñas que moer o paínzo para a comida, buscar a madeira para prender o lume.

As dúas da tarde, volvías o campo para traerme o xantar e regresabas á casa para preparar a cea.

Muller valente.

Muller labradora.

Case non tes tempo para descansar, para durmir.

E un día, eu teño que saír da casa para procurar sustento para ti, para os nenos e para a familia.

Recordo teu pranto cando dixen que ía marchar.

Esa noite, non durmiches; e un luns pola mañá, moi cedo, saín da casa.

A auga que vertías sobre os meus pasos non a esquecerei xamais.

Era o desexo dunha boa viaxe.

Durante toda a miña ausencia, tes sido exemplar e valente cos nenos e ca familia.

Soubeches aguantar a miña larga ausencia con todos os sufrimentos físicos e económicos.

Grazas, muller. Grazas.

(Poema á muller do emigrante)

2 Comments

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s