Matriarcado

Marche poisson Kayar

As mulleres son o alicerce. No rural ninguén fai máis traballo. As cousas eran así: a muller abastecía a auga, ía ao pozo e as veces camiñaba quilómetros con quince ou vinte litros enriba (aínda pasa hoxe, mais xa vai habendo billas nas aldeas). Procuraba a madeira para a cociña e os condimentos, a sal, a cebola, os pementos (as veces, da súa propia horta; outras, cos seus propios cartos). A muller, na aldea, segue coidando dos animais. Pola maña cedo prepara o almorzo. Para todos (no rural as familias son extensas e poden convivir os avós, o pai, a nai, tíos e tías solteiros, outros parentes e mesmo amigos). Logo vai ao pozo se non ten billa na casa, e recolle madeira. Despois de facer a comida, empeza a moer, a man, o paínzo. Meu irmán xa ten maquina. De aí se saca o cascabullo, para os animais. De madrugada, a muller terá que erguerse para seguir moendo, garda o sangal para o xantar e o po para o cuscús da cea. A muller lava a man toda a roupa da familia. Na miña casa de momento non hai electricidade, nin máquina para o paínzo nin televisión. A radio vai a pilas.

Dous procesos paralelos, a urbanización e a diminución da poligamia, foron mudando a situación da muller no Senegal. A escolarización das nenas mellorou. Mais nas cidades, a muller segue desenvolvendo un rol básico na familia. Tanto si son independentes e mesmo sendo esposas dun polígamo viven soas na súa propia vivenda cos fillos, como se viven na casa do home. Hainas que traballan fóra da casa e teñen cartos para contratar unha empregada para o fogar. Os nenos non supoñen maior problema. Van e veñen sós a escola. Só as familias moi ricas utilizan o coche para levalos aos liceos de elite. As que conviven co home e coidan dos fillos, tamén precisan cartos. Nas cidades non se teñen hortas nin animais. Fanse outros negocios. A muller érguense moi cedo, merca peixe e acode aos mercados a vendelo. Na cidade é imposible de soster unha familia larga.

As institucións serer resisten. Disque somos unha sociedade matriarcal porque a liña da herdanza defínena as mulleres: as irmás. A herdanza transmítese aos sobriños, aos fillos da irmá. Para os serer os animais teñen máis valor que as terras. Terras hai de sobra (e cada membro adulto da familia ten a súa propia terra que traballa por el mesmo despois de ter traballado na finca común). Cando casamos, o noivo entrega a dote (unha vaca, un cabalo e ovellas ou cabras) aos irmáns da muller. Eles coidan dos animais. E a muller acude a eles polos froitos ou mesmo cando un dos seus fillos precise reunir unha dote. A muller dispón dos seus medios de subsistencia e seus fillos dunha herdanza garantida para equilibrar os efectos da poligamia.

Pero as cousas mudan rápido e para as mulleres decisivamente. Organízanse para a axuda mutua. Con pequenas achegas van xuntando cartos para cando xurde un caso de necesidade, as veces son necesidades dos homes, outras é a volta ao colexio dos pequenos. Fai uns vinte anos que se crean asociacións, os GEI (Grupos de Interese Económico) exclusivamente formadas por mulleres. Elas se consideran mellores xestoras. Foron xuntando uns cantos cartos e despois o goberno e as ongd reforzan os fondos. Funcionan como bancos de pequenos créditos. No Senegal o a base do éxito da a familia e a mesma que a da sociedade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s