Un día común

Cando leades esta entrada eu hei de andar  por Ortigueira. Grazas o permiso que me presta meu curmán mentres está no Senegal, podo poñer o posto na feira. Levántome moi cedo para ir a buscar alá a comida do xoves. Quero dicir, se hoxe saco 30 euros, dez son para o combustible, outros dez para repoñer a mercancía vendida e os dez restantes son para comer. Se cubro gastos, confórmome. E como.

Hoxe non falarei aquí de historias do Senegal nin de actualidades políticas. Hai días, xa volo teño dito, que a situación se impón: traballar para comer e comer para seguir traballando. Porque para min non quero nada (preciso pouca cousa, quero dicir). A razón pola que fago todo o que podo son os meus fillos. Estou aquí para darlle todo. E non podo marchar de aquí porque o primeiro é mandar algo cada mes para eles. Só coñezo Coruña. Non pensei nunca en marchar para outro sitio porque non podo deixar de enviar algúns cartos cada mes, e para marchar para outro sitio precisaría moitos cartos para empezar de novo. E onde vas ir? Para nós, pobres emigrantes pobres, a vida é a mesma en calquera cidade. Esta é unha historia común nun día común. Deses en que tes que pensar en manterte vivo e lembrar para que vives.

Xa vos contarei como foi o choio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s