Unha carta a Mamadou

carta Mamadou

Un emigrante pobre pensa primeiro en tres cousas: na comida, no teito e na roupa. Xa vedes. Todo está ligado cos cartos, co problema dos cartos. Podo pasar tres ou catro meses sen roupa nova, ata me pode ser fácil conseguir comida durante tres ou catro días, pero o máis difícil é xuntar os cartos para pagar o aluguer.

Non hai traballo para nós (nin para moita xente) en empresas, o que se di un traballo por conta allea. Temos que dedicarnos a venda ambulante. E só nos da para aguantar, ir tirando. Cada tres meses teño que pasar pola oficina de emprego a asinar o paro. Si non vou, perdo a antigüidade. Si non asino o paro, perdo o dereito a axuda. Si perdo a axuda, non teño ren.

Eu non gasto en roupa, nin vou ao cine. Pero a miña familia, meus tres fillos, si precisan roupa. Están crecendo. Este mes volven ao colexio. Tamén temos que lles comprar os libros. O mes pasado foi a festa do cordeiro. Houbo gastos na casa. Alá, en Gade Escale. Houbo tamén unha festa: unha voda.

Non fago un envío fixo de cartos: as veces pode que teñan necesidades, pero eu non teño diñeiro. Teño que pagalo aluguer e comer, con coidado, pola dieta.

Si tivera que facer un gran gasto, sería para viaxar. E un problema crucial para calquera inmigrante pobre. Si viaxas, tes que ser capaz de garantir o gasto alá e aquí. Non abandonas as túas cousas, hai que seguir pagando o aluguer. E se fas a viaxe, tes que mercar o billete e levar cartos. Cada un vai para o tempo para o que lle dan os cartos, quince días ou catro meses, ata que volva haber traballo por aquí, inda que só sexa nas feiras, por aquí.

Levo dous anos sen ir. Vivo e traballo aquí. E si se da ben o traballo e mando cartos para alá. Hoxe mandarei unha carta desde aquí. Contareille a meu amigo Mamadou o mesmo que a vós. Mamadou é veciño da aldea, traballa en Dakar e axúdame cos papeis desde Senegal. Enviou a un fillo á festa que celebramos na casa. Foi o seu representante porque el non puido ir.

Na Coruña, 1-10-2015

Querido Mamadou,

Antes de todo, pídoche perdón a ti e a toda túa familia con ocasión da festa do cordeiro (*). Desexo que Deus nos dea longa vida, chea de saúde, de riqueza e de benestar familiar. Aquí, na Galiza, termina o verán, e como dicimos aquí os emigrantes comeza o inverno, un período duro, con ventos violentos e moitas chuvias. Os turistas xa marcharon. Para as vendas ambulantes quedan só as feiras semanais, con moi poucas ganancias. Hasta o mes de maio próximo será a travesía no deserto para a venta, que é case a única opción de traballo. É por elo que os modou modou (**) que teñen os medios aproveitan para ir a visitar as súas familias.

Recórdoche que aquí na Galiza chove case todo o ano. Galiza é unha rexión bela, sempre verde, cunha paisaxe fermosa e un relevo espléndido. Ten moitos ríos e o mar practicamente en todos os sitios. Así termino esta carta e dígoche adeus.

(*) Fórmula de cortesía para borrar ofensas que se puideron inflixir ao outro.

(**) Os inmigrantes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s