Está mal visto levar equipaxe?

Desculpade, fáltame perspectiva. Non comprendo o que pasou o domingo nas eleccións municipais na Coruña. Sei que Xosé Manuel Carril foi elixido, pero ningún outro compañeiro máis. E que a coalición que gañou dez concelleiros ten unhas ideas moi próximas ás do BNG, pero son xente nova, sen experiencia política. Supoño que esta vez a bagaxe xogaba en contra, que a cidadanía quere renovación sen equipaxe. Está mal visto levar equipaxe? Haberá que consideralo. O que penso é que as forzas de esquerda, mesmo as de extrema esquerda, pretendan ou non un sistema económico alternativo, teñen que asumir que o campo de xogo é o que é. Todos vivimos no capitalismo, todos temos mentalidade capitalista, todos queremos o mesmo: unha casa máis grande, un coche mellor… A xuventude foi educada así e nós mesmos (os maiores) temos que actuar neste contexto. Se eu estivese só desprezaría moitas cousas que lle dou aos meus fillos, pero non os podo illar do resto da xente. Supoño que os partidos políticos teñen que facer algo semellante e abrirse a valores que o mellor non están no seu equipaxe.

bandeirola2

Quizais todo o dito non explique nada do que aconteceu o domingo. Sigo con Carril e co BNG e quero estar ao día da vida municipal da cidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s