Eu quixen escribir a miña historia

“Ata que os leóns non creen seu propio historiador, a historia da caza só glorificará ao cazador” (Chinua Achebe, escritor nixeriano)

Tomo prestada a cita que fai na súa presentación a miña primeira seguidora (na columna a dereita está permanente o enlace ao seu blog: LitERaFRicA) para describir brevemente o camiño do éxodo rural. A miña é unha historia común en calquera parte do mundo. Agora seino. Grazas a que saín a buscar as razóns na historia e na xeografía. E sigo buscándoas. Un día destes ensinareivos o que estou a escribir sobre outra migración, a que nos trouxo aquí, a Galiza. Outro camiño en común.

Despois de rematar a escola en Gade Escale, aos doce anos, marchei para Diourbel, a capital da provincia a unha hora e media cara o sur, para seguir estudando. Logo fun para Saint-Louis, outra provincia, a no norte, a unhas tres horas da miña aldea. Saint-Louis é un porto pesqueiro duns cento cincuenta mil habitantes. Rematei o bacharelato en Dakar, na capital do país, a dúas horas cara o oeste desde Gade Escale. Alí entrei na universidade. Os meus amigos me dicían que estudara portugués, porque se me daba ben. Elixín Xeografía e Historia. Quería ter unha visión ampla do mundo. Quería seguir o camiño dun humanista. Non completei a carreira, pero obtiven un título que me habilitaba para dar clase a rapaces dun nivel equivalente a ESO de aquí. Traballei en colexios privados. Pagaban, mais case nunca o que puña o contrato. Din clases particulares para completar o salario. No 98 me casei cunha muller de Escale. Eu tiña 36 anos. Uns anos máis tarde naceu a miña primeira filla.

Así foron as cousas antes de ter que saír de Senegal por razóns que non deixarei de tentar explicarvos, seguindo unha historia común a todos os pobos condenados a migrar na procura de medios para sobrevivir. Son campesiño, migrante, humanista. Un pai de tres fillos que pensa que o mellor que pode facer un pai é facelo todo polos seus fillos. E quero contar a historia da caza desde o punto de vista dos leóns.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s