Senegal para galegos

Os emigrados somos unha parte importante da economía de Senegal. As remesas supoñen un 10% do PIB. Para a miña familia supón moito máis. Cada familia pobre, a maioría, ten que enviar fóra a un dos seus membros máis novos para sosterse. Mesmo o goberno recoñece que a diáspora actúa como un seguro e asume que moito do futuro e da esperanza da nación tivo que abandonar o país.

En Gade Escale fálase o wólof. É a lingua da maioría da poboación de Senegal. A lingua do pobo. Todos a entenden. A lingua das escolas e das universidades é o francés. A maioría da xente, un 85%, somos musulmáns. A convivencia é boa. Hai dúas grandes autoridades relixiosas e os fieis acatan o que din. Pero o mérito foi de Léopold Sédar Senghor, o primeiro presidente da República de Senegal despois da independencia no ano 1960. Era católico. O primeiro africano en obter un título universitario en Francia. Un humanista. E un campesiño coma min.

Na Coruña vivimos máis de dez mil estranxeiros. A metade son latinoamericanos. Entre os africanos, os naturais de Senegal seremos case un millar. Teño un primo que veu aquí no ano 1986. Eu levo desde o 2003. Sempre na Coruña. Inda que traballei un par de anos na ferralla en Ordes. Pero acabouse o traballo. Desde fai seis anos só unha vez traballei con contrato un mes seguido.

mezquita
Mesquita de Diourbel, na capital da provincia á que pertence Gade Escale

2 Comments

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s