Non me chames inmigrante, son cidadán coma ti

Detrás de moitos dos problemas sociais o que hai é un problema político. Por iso a política.

Mañá sábado hai unha protesta no Orzán e Riazor na que participarán África Universal e Domu África, dúas das asociacións de africanos (maioritariamente senegaleses) de Coruña.

Temos que ser nós, os africanos, os senegalegos, os que demos o paso. A política é importante. As leis son importantes. Poden cambiar a nosa sorte. Eu mesmo estiven ameazado de expulsión fai uns anos e tiven a sorte de que un avogado de Ecos do Sur me axudou.

Dijby e máis eu fixémolo. Pero xa sabedes o que pasou. Por iso cando me preguntan cal é o principal problema dos senegaleses aquí, digo que é a cuestión política. Chámannos inmigrantes, pero somos cidadáns.

Ser cidadán significa ser algo máis ca espectadores. É ser actor, intervir na política. Participar da cidade en todos os ámbitos. Que nos exclúan da política (non só como elixibles, senón tamén como votantes) é contrario aos dereitos humanos. Pero sobre todo aos dereitos cívicos. Que pode significar a democracia para nós?

Precisamos expoñer o que ocorre na nosa comunidade, cales son os nosos problemas. E para iso necesitamos representación. E para iso, agora mesmo, só temos unha vida, a da nacionalidade.

Cando escoitan a resposta a cuestión sobre o principal problema dos senegaleses aquí, moitos sorpréndense. Temos dificultades cotiás, por suposto. Como comer e poder pagar o aluguer. Pero detrás diso tamén está a política.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s